FERROL360 | Xoves 20 outubro 2016 | 11:37
Este venres a Asociación veciñal Limodre celebra unha festa polo 91 aniversario da Escola de Limodre. Trátase dunha celebración na que tentará xuntar a aquelas persoas que, nun momento ou noutro da historia da Escola, foron alumnos e alumnas nela. Aínda que tamén está aberta a iniciativa ás persoas que non estudaron no centro.
A festa comezará ás 20:30 horas e con ella a entidade busca poñer en valor «a actitude dos nosos veciños que hai case 100 anos decidiron apostar pola formación dos rapaces e rapazas de Limodre como elemento imprescindible para mellorar as persoas e a sociedade na que vivimos».
