FERROL360 | Luns 7 marzo 2016 | 10:58
Paisaxes, bodegóns, pousados e mariñas, entre outros, compoñen os preto de 25 óleos que a artista ferrolá Julia Pita exhibe desde este luns na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene.
A mostra, que permanecerá aberta ao público ata o 1 de abril, pode visitarse en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
En Semana Santa haberá un horario especial, que será de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas, agás domingos e festivos nos que a sala permanecerá pechada.
A artista pinta dende hai oito anos, cando comezou a asistir ás clases de pintura de José Montero. Ata a actualidade, ten realizado exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol.
Debate sobre el post