
FERROL360 | Sábado 26 marzo 2016 | 15:13
Nova entrega dos «Sábados Miúdos», promovidos de xeito conxunto polas concellerías de Participación e Cultura de Ferrol. O museo da Sociedade Galega de Historia Natural acolleu nesta ocasión unha sesión de contacontos adicada a Manuel María, o poeta do Miño, que recibirá homenaxe o vindeiro 17 de maio no Día das Letras Galegas deste 2016.
Durante unha hora, nenos de 3 a 12 anos de idade toman parte nun evento que ten espazo para lecer e didáctica en colaboración con Polo Correo do Vento. Os promotores deseñaron unhas Letras Galegas adiantadas á súa data orixinal en plena Semana Santa. Unha cita especialmente pensada para familias que regresan a Ferrol no período vacacional.
A narración para os pequenos atopou complemento cun obradoiro de debuxo para facer unha caricatura de Manuel María.