‘Palabra e memoria’: unha investigación para recuperar as pegadas da lingua

Sandra Blanco e Raquel Santiago, colaboradoras da investigación ´Palabra e memoria' na comarca. Foto: Alicia Seoane
Sandra Blanco e Raquel Santiago, colaboradoras da investigación ´Palabra e memoria' na comarca. Foto: Alicia Seoane

Cantas persoas decidiron despedirse do mundo en galego? Esa é a pregunta da que parte o proxecto Palabra e Memoria, unha iniciativa que percorre os cemiterios galegos para localizar e documentar as inscricións funerarias na nosa lingua. En Ferrolterra, as investigadoras Sandra Blanco e Raquel Santiago xa descubriron que, contra todo prognóstico, o galego está moito máis presente do que cabería esperar.

Se os mortos falasen… falarían en galego?