FERROL360 | Domingo 19 xuño 2016 | 13:26
O Concello de Pontedeume abre este luns o prazo de inscrición para o programa escolas deportivas do verán, que pretende ofrecer tanto aos mozos como aos adultos unha variedade de disciplinas deportivas durante os meses de xullo e agosto.
A matrícula remata o vindeiro día 30 de xuño e entre a oferta deportiva atopamos clases de patín, xogos, judo, piragüismo, taekwondo, cicloturismo, sendeirismo, cursos de tenis, multideporte, escola de xadrez e baile moderno. Para os maiores tamén hai mantemento rélax, aeróbic, pilates ou ximnasia.
Os interesados em participar poderanse matricular descargando o formulario da páxina web do Concello e enviándoo, xunto ó xustificativo de pago, a: deportes.pontedeume@gmail.com. Para máis información podem dirixirse ao pavillón da Casqueira ao Servizo de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono 981.433.041.
Debate sobre el post