Ferrol360 | Venres 4 agosto 2017 | 9:59
Citas culturais para este venres 4 de agosto en Neda e Moeche cunha presentación dunha revista no primeiro caso e concerto de Mini e Mero no segundo.
A Casa das Palmeiras acollerá a presentación da revista de poesía galega feita desde Madrid: Olga ‘Donas vintecatro’. A cita, que comenzará ás 20.30 horas, contará coa participación da directiva da publicación con Vicente Araguas, Rafa Yáñez e Manuel Pereira Valcárce.
A convocatoria tamén inclúe un recital de poesía a cargo de Medos Romero, Fátima Rodríguez e Eva Veiga.
Mentres, en Moeche pechan a terceira edición do programa Castelo de Sons cun concerto de Mini e Mero ás 20.30 horas. Esta actuación adiántase a causa dun imprevisto, xa que estaba programada para o día 5.
Mini e Mero, fundadores de grupos como Fuxan os Ventos e A Quenlla, repasarán cancións da súa extensa carreira musical e novas creacións. A cita será no Castelo de Moeche e a entrada é de balde. Iso si, é necesario recoller entrada na Casa do Concello ou ben no mesmo castelo unha hora antes do comezo da actuación.
Debate sobre el post