Publicidad

Presentadas 22 solicitudes para o vindeiro curso na Escola Infantil de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 4 maio 2016 | 19:31

A Escola Infantil A Rolada de San Sadurniño conta cun total de 22 solicitudes para o curso 20116-2017. O departamento de Igualdade vén de publicar a listaxe provisional de admitidos, que se corresponde con peticións de reserva de praza e de novo ingreso para as unidades de un a dous anos e de dous a tres anos.

Aínda que tamén hai nenos doutras zonas da comarca como Cerdido, As Somozas, Valdoviño, Neda, Narón e Ferrol, a maioría son de San Sadurniño, pois teñen prioridade no acceso a este servizo.

O centro ten capacidade para 38 cativos distribuídos en tres unidades: a de 0 a 1 ano con oito prazas, a de 1 a 2 anos -onde se ofertan 13 prazas- a de 2 a 3 anos, que pode atender a 17 pequenos. Por idade, as solicitudes presentadas sumarán 9 menores na unidade de un a dous anos e 13 na de dous a tres. Para a unidade inicial, a de tres meses a un ano, non houbo ningunha petición.

Dende o consistorio indican que a escola infantil aínda ten 17 prazas dispoñibles: 8 na unidade inicial, 4 na de un a dous anos e 4 na de dous a tres e sinalan que as familias que, a partir de agora, queiran escolarizar un meniño ou meniña poden presentar en calquera momento as solicitudes no rexistro municipal, que serán atendidas ata completar as vacantes.

A listaxe provisional pode consultarse aquí.