FERROL360 | Martes 20 agosto 2013 | 13:08
O concello de As Pontes ven de aprobar en Xunta de Goberno, un plan de obras por valor de 449.818,88 euros, que acondicionarán o casco urbano e varias parroquias, dentro do Plan de Obras e Servizos deste ano 2013.
Do orzamento total, 128.260 euros destinaranse á pavimentación de viais municipais en Roidiz, A Faeira, A Cruz, A Cabana, e Pedrafita, neste último caso afrontando a primeira fase. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez e Cía.
Outros 118.424 euros adxudicáronse a Construccións Canosa, para executar o portal de entrada ao Lago; así como a segunda fase de mellora de servizos e pavimento de Poboado da Fraga, para o que dispón de 100.240 euros.
Construccións Canosa tamén será a empresa encargada de mellorar o pavimento e alumeado da rúa Ramón Cabanillas por 52.894,88 euros.
Finalmente, Terra Medioambiente acometerá os traballos de novo alumeado no Rego do Muíño e a primeira fase de aglomerado das pistas de A Rega e Pena de Francia, obras que se adxudicaron por 50.000 euros.
Debate sobre el post