Publicidad

Proxección e coloquio no Ateneo Ferrolán sobre a película «Eternia»

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 14:25

O Ateneo Ferrolán acolle este mércores a proxección de «Eternia», mediametraxe rodada parcialmente na bisbarra de Ferrolterra. A cita comezará ás 19:00 horas no seu salón de actos e contará coa presenza do actor David L. Caldeiro, tamén produtor desta obra cinematográfica.

Ao remate, terá lugar un coloquio en torno á película. Rodada en 2013 e de 39 minutos de duración, foi promovida por Cool Films e o Grupo Taranis. A dirección correu a cargo de Luis Noriega. Narra a lenda dos druídas da Gallaecia, que reúnense no bosque Sagrado e son masacrados por un equipo de combate romano.