FERROL360 | Luns 21 setembro 2015 | 18:56
As Pontes acollerá este martes a proxección do documental El reto de Eva, dirixido a recadar fondos para a investigación da enfermidade de Dent. O documental está protagonizado por Eva Giménez, fundadora de Asdent e nai do pequeño Nacho, afectado por esta enfermidade rara que leva a unha perda masiva de proteínas, calcio e potasio e para a que non hai cura ou tratamento.
O evento, organizado polo departamento de Benestar Social e a Empresa Raiola, terá lugar no auditorio municipal Alovi ás 20.00 horas. A protagonista visitará As ontes e dará conta, xunto con outras voluntarias de Asdent, do que supón esta enfermidade, a falla de inversión na súa investigación e tratamento.
A entrada a este acto será gratuíta aínda que se instalarán petos solidarios e un mercado de productos de Asdent para que veciños e veciñas que así o desexen poidan colaborar con esta campaña.