Publicidad

Queremos Narón organiza unha viaxe a Pontevedra o vindeiro 28 de febreiro

FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 19:04

Queremos Narón, denominación que o BNG de Narón utiliza para as distintas actividades programadas ata as eleccións municipais, organiza unha viaxe a Pontevedra para o vindeiro 28 de febreiro co obxectivo de coñecer a cidade, na que goberna o BNG, e que está a obter multitude de recoñecementos a nivel internacional.

A visita contempla un percorrido polo casco histórico da cidade do Lérez, que estará precedido dunha recepción oficial no Concello. A continuación terá lugar un xantar e despois os asistentes navegarán dende Moaña pola ría de Vigo ata chegar á emblemática Illa de San Simón.

As persoas interesadas pódense anotar ata o luns día 23 chamando ao teléfono 607.082.232. O prezo da viaxe é de 30 euros por persoa.