REBECA COLLADO | Narón | Mércores 4 xuño 2014 | 21:38
Unha decisión tan importante como facerse ou non doante de órganos ten unha consecuencia igualmente importante: axudar ou non a salvar unha vida. No Día do Donante de Órganos a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) pon en marcha unha campaña para conciencia á sociedade sobre a necesidade de facerse donante en vida.
A entidade presentou este mércores en Narón a campaña «Temos miles de historias que contar, faite donante» na que participan destacadas persoas relacionadas co mundo do teatro, como o dramaturgo naronés José Luis Prieto ou cantante e actor Carlos Mosquera ‘Mos’. Así, durante esta fin de semana ALCER repartirá folletos informativos nos teatros e centros culturais do Pazo da Cultura de Narón, así como en A Coruña e Santiago.
O delegado de ALCER en Ferrolterra, Rafael Rodríguez, explicou que no ano 2013 en Galicia 97 persoas doaron os seus órganos, mentres rexistráronse 31 negativas á doazón. Rodríguez sinalou que nestes momentos en Galicia hai 428 persoas en lista de espera para recibir un órgano e 100 delas «se non son trasplantadas nun ano estarán mortas». Por iso advirte que «doar órganos é salvar vidas».
Por súa banda, o cantante e actor Carlos Mosquera afirmou que «os do Madrid, os Barça… republicanos ou monárquicos, todos son iguais ante a doazón». E é que non existe «ningún motivo en contra da doazón». Mos tamén destacou que «un doador non so fai feliz á persoa que o recibe, senón a todo o seu entorno».
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, animou a que «todos se fagan doantes» porque «non ten contraindicación». Blanco tamén indicou que «todos deberíamos ter a conciencia de que é necesario».
Se estás interesado en coñecer máis a entidade Alcer preme aquí e se che queres facer doante de órganos preme aquí.