FERROL360 | Venres 17 xuño 2016 | 10:42
O paseo marítimo de Xuvia acollerá este sábado e domingo o ‘Xuviño Gastronómico’, unha cita na que se reunirán recoñecidas adegas de Galicia e cinco «food trucks» para ofrecer unha grande variedade gastronómica. Asimismo, haberá un mercadiño cuns corenta postos de venta no que se poderán adquirir diversos produtos.
O ‘Xuviño Gastronómico’ abrirá as súas portas este sábado ás 12:00 horas coa inauguración ofical a cargo do alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Festas, Mar Gómez. A continuación, arrancará o evento no que os visitantes poderán escoller entre medio cento de caldos de Denominacións de Orixe como: Ribeiro, Ribera del Duero, Alvariño, Rioja ou Mencía, entre outras.
O custe das copas será de 1,50 euros e venderanse tickets a dous euros para poder degustar os diferentes tipos de viño que estarán representados nesta edición. En canto á oferta gastronómica, os restaurantes sobre rodas que participarán nesta edición son: La Carnioneta, de Narón; La Suprem by Torre de Núñez, de Lugo, e o Grupo Beyma, de Neda.
Co obxectivo de ampliar a oferta gastronómica, instalaranse dous postos nos que se servirán racións de polbo a prezos populares. Tanto os postos das adegas como os «food trucks» comezarán a súa actividade a partires das 12:00 horas, tanto o sábado como o domingo.
Os postos de venta do mercadiño estarán operativos a partir das 10:00 horas. Entre os produtos que estará á venda haberá un no que se poderán adquirir pementos do Couto e outros produtos comercializados a través da cooperativa do Val.
Ademais, entre as 14:00 e as 15:00 horas haberá o sábado e o domingo unha sesión vermú, amenizada por un grupo musical, e a partir das 19:00 horas un concerto. Para os máis pequenos haberá nas inmediacións das carpas un parque con atraccións, a prezos populares.