FERROL360 | Xoves 21 febreiro 2019 | 20:41
O local social de Maiores de Mugardos acolle este venres ás 19:30 horas a primeira actividade do programa organizado polo Concello, coa colaboración con outras entidades, en torno ao Día de Rosalía de Castro.
Unha delas é a Asociación Cultural Apelón, que promove a conferencia de Pilar García Negro que leva por título Rosalía de Castro: a bandeira da dignidade galega.
A ponente é política, sociolingüista, profesora e escritora, e ten publicado estudos e edicións de Rosalía de Castro. Logo da súa charla, o acto rematará coa actuación da Coral Estelas do Mar.