FERROL360 | Luns 10 outubro 2016 | 9:10
Co pintado e levantamento de arquetas, esta semana rematarán as obras de aglomerado do camiño de Alvite en Pontedeume. A obra afecta ao camiño de Alvite na Veiga e a varios tramos nos de Portocarral, a Picha e Trasmunde, así coma da estrada CP-6902 de acceso á parroquia de Ombre e ás Fragas do Eume.
As obras de aglomerado comezaron a finais do pasado mes de setembro e segundo lembra o alcalde, Bernardo Fernández, estes viais se atopaban en moi mal estado. Trátase dunha actuación que os veciños da zona reclamaban desde hai tempo, así como a mellora na seguridade viaria.
Debate sobre el post