Ferrol360 | Luns 31 xullo 2017 | 10:04
Cita o vindeiro venres 11 de agosto en Mugardos con Roi Casal e o seu espectáculo ‘Son Galego, Son Cubano’. Unha proposta musical entre Galicia e Cuba con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos países.
O espectáculo presentouse no Gran Teatro da Habana en maio de 2016 e foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira dese ano, que é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Vilas e á emigración galega en Cuba.
O escritor traballou conxuntamente nesta proposta con Casal ata o seu falecemento en novembro de 2015.
Neira Vilas residiu en Cuba durante 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.
O concerto terá lugar no Parque da Constitución a partires das 23.00 horas e a entrada é libre. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Mugardos.