FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 21:47
FERROL
PP
O candidato popular, José Manuel Rey Varela, presentou este venres as súas propostas para facer do turismo unha fonte de ingresos. «Quiero un Ferrol activo, con nuevos vecinos, nuevos comercios y locales de hostelería, con empresas que generen empleo y turistas que fijen Ferrol como primer destino vacacional» avanzou, engandindo que dará pulo, entre outros, aos deportes náuticos.
Rey Varela:“Generar las condiciones para la promoción económica y el empleo es uno de los ejes de nuestro proyecto de ciudad, y la ría y el puerto son unos de esos motores clave de oportunidades”https://t.co/WCixT2jBjw #ParaQueGaneFerrol@JoseManuelRey
— PP_Ferrol (@PP_Ferrol) 17 de mayo de 2019
Ademais, o candidato partipou nun acto polo día das Letras:
Ver esta publicación en InstagramUna publicación compartida de Jose Manuel Rey (@josemanuelreyvarela) el
FERROL EN COMÚN
A formación de esquerdas liderada por Jorge Suárez presentou as súas medidas en materia de promoción da lingua co gallo de día las Letras: «Hai un antes e un despois na acción cultural de Ferrol desde o 2015 que tamén tivo o seu reflexo na promoción e normalización da lingua nunha cidade desprotexida e con necesidade dunha discriminación», sinalan.
Protexer e fomentar a nosa lingua é vital, polo que profundaremos nas accións políticas transversais desde o cumprimento da ordenanza na Administración local ata a promoción desde as idades máis temperás con programas como Galicamp, PequeEduca, Apego, Atlántica..#Ferrolengalego pic.twitter.com/YDvkmIUjP6
— Ferrol en Común (@ferrolencomun) 17 de mayo de 2019
Ademais, perticiparon na manifestación en prol da lingua:
PSOE
O candidato socialista á Alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, aposta por transformar as instalacións do CIS da Cabana nun centro tecnolóxico de desenvolvemento da eólica mariña porque «conta con todos os recursos necesarios: a industria xa implantada, a Universidade, e unha ampla liña de costa para investigar», explicou.
Por outra banda, incidiu, como outra vía de diversificación industrial, pola substitución dos combustibles polo gas natural para o transporte marítimo. Isto abre, dixo, «novas vías para a diversificación ligadas ao bunkering, ao rediseño de motores e á sinerxia que aporta o ter un estaleiro especializado na reparación de buques gaseiros».
BNG
Os nacionalistas capitaneados por Iván Rivas participaron este venres na concentración da plataforma Queremos galego en defensa da lingua e nun encontro coa veciñanza en Valón co gallo do día das Letras:
Encontro cos veciños e veciñas no local social de Valón, en conmemoración do Día das letras galegas pic.twitter.com/bKZw3Swvna
— BNG Ferrol (@bngferrol) 17 de mayo de 2019
Ademais, tamén desenvolveron unha xuntanza con diferentes asociacións da cidade que están a traballar co colectivo de migrantes de Ferrol. «É preciso que Ferrol teña en conta que o noso grave problema demográfico como cidade non se vai resolver cunha ‘pura raza ferrolá’ porque vai ser de todo imposible. Estamos nunha situación de colapso demográfico e por tanto a nosa única opción de recuperación pasa pola acollida de persoas migrantes ou de chegada recente».
Hoxe, para rematar o día, mantivemos un encontro con colectivos de migrantes e asociacións que traballan con ditos colectivos. pic.twitter.com/I8mj7KHeJy
— BNG Ferrol (@bngferrol) 17 de mayo de 2019
CIUDADANOS
A formación laranxa compartiu as súas propostas a través de dous vídeos:
NARÓN
PP
Os populares de Narón, con Germán Castrillón á cabeza, presentaron o seu proxecto da Cidade do Motor, un espazo que albergará eventos, probas deportivas de todos os niveis e «convertirá a Narón nun auténtico referente en España do mundo do automobilismo».
Contará cun circuíto de velocidade polivalente e estaría instalado en A Boeira cun percorrido de 1.600 metros, 700 metros de terra conectados por rampas. Dez curvas, sete boxes, edificio de control, aula de formación, restaurante e dous edificios máis para mantemento de vehículos e equipa médica, ademais de estacionamento público.
BNG
A candidata Olaia Ledo defendeu a descentralización da cultura do municipio e outras medidas como a organización dunha Feira do Libro cun programa cultural propio polo Día das Letras Galegas «que conte ademais coa participación activa de todo o tecido asociativo da cidade».
Sacamos a lingua os 365 días di ano con fachenda #AgoraNarón pic.twitter.com/KYQeji2Ojx
— Olaia Ledo Díaz (@AiaLedo) 17 de mayo de 2019
Ademais, os nacionalistas presentaron un programa con 179 medidas «consensuadas con colectivos, entidades e máis de cen persoas que participaron na súa elaboración»:
➡️ Programa Municipais 2019 para Narón https://t.co/hH1O6QV3Eo via @obloque 💪🏿✍🏿👩🏻💻🏃🏾♀️🏃🏾♀️ #AgoraNarón #AgoraBNG #VotaBNG
— bng Narón (@bng_naron) 12 de mayo de 2019
PSOE
Os socialistas naroneses, con José David Pita á cabeza, promoverán a construción de máis pistas multideporte e espazos para a práctica do patinaxe. Os integrantes da lista participaron nun reparto informativo por Castro para explicar medidas para o barrio como a mellora do centro social, a finalización do saneamento e o arranxo de pistas.
ENE
Eliximos tivo unha xuntanza coa veciñanza de San Mateo e acudiu á conferencia O blindaxe das pensións na Constitución.
CABANAS
BNG
Coincidindo co Día das Letras Galegas, o BNG de Cabanas celebrou hoxe o seu Vermú das Letras, un acto no que a organización presentou publicamente o seu cómic de campaña, que estes días se está a repartir entre a veciñanza do concello:
Hoxe, no Día das Letras Galegas, @iagovarela e Anxos García Fonte preséntannos a Madalena, unha nena de Cabanas que ten as ideas claras do que necesita o noso concello 😊 #AgoraCaban pic.twitter.com/16VDtj6aLa
— BNG Cabanas (@bngcabanas) 17 de mayo de 2019
PONTEDEUME
PSOE
Os socialistas de Pontedeume, liderados por Bernardo Fernández, prometen iniciar as xestións necesarias, co apoio doutras administracións, para a construción dun Auditorio Municipal na vila. O novo auditorio facilitará os ensaios e actuacións das agrupacións locais. «Faremos tamén obradoiros culturais e de teatro en colaboración cos distintas asociacións do municipio», sinalan.
AXENDA
FERROL
PP
Ás 10:00 horas Rey Varela participa no almorzo organizado por Xeración no Torrente Ballester. Ás 12:00 horas percorrerá o barrio de Ultramar, ás 17:00 horas asistirá a un acto sectorial de Política Social no Gran Hotel e ás 20:00 horas terá un encontro coa veciñanza de Esteiro no San Carlos.
BNG
Ás 10:00 horas Rivas participa tamén no almorzo de Xeración, ás 12:30 horas presentará o programa electoral na rúa Galiano 66 e ás 19:00 horas celebran Conversas na lareira do BNG no seu local coa participación de Bernardo Penabade e Pim Patinho.
CIUDADANOS
Ás 10:00 horas Langtry tamén estará no almorzo do Torrente, ás 11:00 horas na praza do Himno Galego ficará montada unha carpa informativa e ás 19:30 horas visitarán a zona de Catabois.
MAREA DE FERROL
O voceiro de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, e a vicevoceira Ana Seijas estarán ás 12:30 horas visitando o Mercado da Madalena para manter despois unha xuntanza con comerciantes do barrio no local da formación, na rúa Real.
NARÓN
TEGA
Haberá un acto electoral ás 21:00 horas no local social do Alto. Participarán a candidata de TEGA á Alcaldía de Narón, Marián Ferreiro, e Marta Otero, María Mercedes Taibo e Pablo Mauriz, integrantes da candidatura de TEGA na cidade.
PSOE
O candidato José David Pita e outros integrantes da lista realizarán un reparto informativo en O Alto ás 10:30 horas.
PP
O popular Germán Castrillón estará ás 20:00 horas na AVV de Sedes para recoller as necesidades da veciñanza.
ENE
Ás 11:30 horas acto no Alto e ás 20:00 horas en Piñeiros. O domingo estarán ás 11:30 horas na Solaina e ás 20:00 horas en Freixeiro.
FENE
PP
O candidato popular á Alcaldía, Sindo Galego, presentará as súas propostas o domingo ás 12:30 horas no Círculo de Perlío acompañado dos integrantes da súa candidatura.
