FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 10:18
A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Fene organiza unha ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle para o vindeiro domingo 27 de setembro. A saída será ás 09:00 horas desde a Praza do Concello e transcurrirá pola Rabadeña, Coto do Rei, Marraxón, Fervenza do Belelle, O Roxal e remate en Maciñeira.
A ruta é guiada con explicacións sobre aspectos naturais da mesma. Os interesados en participar, que deben ser maiores de 12 anos, deben abonar unha cuota de inscrición de 10,45 euros. Desde a Concellería informan que é preciso un número mínimo de inscricións para facer a ruta, que se confirmará a todos os preinscritos o día 23 de setembro.
Unha vez finalizada a ruta, aproximadamente ás 14:00 horas, un autobús recollerá aos participantes e os levará ata a Praza do Concello. De xeito opcional haberá unha comida na Pizzería Leo´s con menú a 12 euros. Coa preinsicrición da ruta poderá facerse á da comida que abonárase no local o mesmo día 27.