Publicidad

Ruta guiada gratuíta polos muíños do río Belelle con motivo da Festa do Pan de Neda

FERROL360 | Domingo 19 agosto 2018 | 13:10

O Concello de Neda promove unha ruta guiada gratuíta polos muíños do río Belelle con motivo da XXX Festa do Pan que será o día 2 de setembro. A andaina terá lugar o día previo á festa, é decir, o sábado 1, e saíra ás dez da mañá do adro da igrexa de Santa María e a súa dificultade é baixa.

A experiencia levará aos participantes a descubrir algunhas das máis de 40 instalacións entre muíños fariñeiros, fábricas e ferrerías que no seu momento houbo ao longo do Belelle así como a visitar a Fervenza, cunha caída de auga de 45 metros con pozas naturais na súa base.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 30 para apuntarse na Casa da Cultura, que abre ao público en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As prazas son limitadas, haberá un total de 50, e na viaxe de regreso os participantes repoñerán forzas cunha degustación de empanada e doce na cantina da polideportiva do Roxal.