FERROL360 | Luns 25 xullo 2022 | 11:46
A parroquia naronesa de San Mateo acollerá este domingo a Festa de exaltación da ameixa. Na cita cociñaranse uns 200 quilos deste molusco e o menú complétase con bebida e pan, a un prezo de 12 euros. Tamén haberá a posibilidade de degustar o menús de paella, con bebida e pan a seis euros ou o menú completo, a base de ameixas, paella, bebida e pan, por 17 euros. Por dous euros máis poderase tomar café e bola doce.
A festa comezará ás 13.00 horas e desenvolverase baixo un toldo con mesas e cadeiras que se instalarán na pista polideportiva de San Mateo. Xa pola mañá, desde as 11.30 horas, haberá nas instalacións da antiga unitaria de San Mateo unha exposición de traballos realizados durante o curso por veciñas e veciños da parroquia.
Tamén haberá unha mostra artesá de coiro, mimbre e alfarería, entre outros. A programación da xornada completarase con música en vivo e inchables de balde para as nenas e nenos.
O Concello de Narón organiza esta convocatoria en colaboración coa Asociación Veciñal de San Mateo.