FERROL360 | Xoves 11 xullo 2013 | 17:01
Os traballos divídense en dous capítulos. Por unha banda, a adquisición de material, e por outra a súa instalación de cara a deixar listo o inmoble como futura sede municipal. O contrato conta cun orzamento de saída de 137.500 euros e o prazo para presentar propostas remata o venres 19 de xullo.
As obras no pazo están rematadas desde hai semanas e só falta adecentar a entrada do edificio repoñendo a zona axardinada. Unha tarefa incluída tamén no procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración para contratar o equipamento integral do inmoble.
Porén, as grandes actuacións que deberá desenvolver a empresa adxudicataria son a de mercar todo o material necesario segundo o proxecto técnico -mobiliario, equipamento informático ou megafonía- e a de instalalo de acordo coas necesidades de funcionamento da futura Casa do Concello.
Así, faranse labores de carpintería interior colocando mamparas divisorias en varias dependencias. Ademais, deixarase lista unha rede informática de alta velocidade xestionada por un servidor central e acompañada dun sistema de proxección e outro de megafonía para o salón de sesións, de tal xeito que se facilitará a gravación e incluso a defusión dos plenos por internet.
Debate sobre el post