FERROL360 | Xoves 30 abril 2015 | 12:47
O vídeo «Dust, Sweat and Love» de Sandford Music Factory é un dos vinte finalistas do concurso de videoclips do Festival de Cans. Juanpa Ameneiros foi o encargado de dirixir a Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo durante a grabación dos 04:59 segundos que dura o clip. A canción forma parte do novo disco do grupo, que leva por título Natural Behavior.
A Noite de Clips terá ñugar o xoves 21 de maio a parties das 23:00 horas no marco do Festival de Cans. O xurado encargado de escoller ao gañador estará formado por Juan Rivas, Hendrik Röver, Ángel Sánchez e a presentadora da TVG Tati Moyano.
Este concurso representa o gran escaparate do último que se está a facer en Galicia encanto a videoclips. Desde a organización salientan que a selección deste ano reflicte a rica diversidade de grupos e de creadores, con estilos moi variados á hora de facer música ou de crear videoclips.
