FERROL360 | Luns 12 xaneiros 2015 | 11:00
Aló polo mes de setembro falamos cos rapaces de Sandford Music Factory do proxecto que tiñan en marcha na plataforma de crowfunding Verkami para financiar a edición do seu terceiro álbum. A iniciativa foi todo un éxito e mesmo rebasaron os 3.150 euros fixados, acadando 4.060 euros.
Pouco despois, Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo metíanse no estudo para crear Natural Behavior. Agora podemos desfrutar dun pequeno adianto cun clip de 39 segundos do tema que lle da nome ao disco. Ao fin desde vídeo anúnciase a publicación do álbum completo en breve, polo que estaremos moi atentos.
Debate sobre el post