Publicidad

Seminario sobre condutas aditivas e prevención para persoas mediadoras no Campus de Ferrol

FERROL360 | Mércores 15 abril 2015 | 12:17

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza un seminario sobre condutas aditivas e prevención para persoas mediadoras dirixido principalmente ás persoas voluntarias de OCV, aínda que tamén poden participar o alumnado e o resto da comunidade universitaria, así como público en xeral interesado na temática das adiccións e a súa prevención.

O seminario terá lugar o vindeiro 22 de abril e será impartido por un equipo multidisciplinar das entidades ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga), Asfedro (Asociación Ferrolana de Drogodependencias) e Lazos Asociación Pro Solidariedade. Esta actividade é gratuíta para o voluntariado e ten un custe de 5 euros para o resto.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro 20 de abril e aquí tedes o acceso ao programa e ao formulario de inscrición.

Por outra banda, o grupo da OCV participará o vindeiro 29 de abril nunha actividade de voluntariado ambiental organizada en colaboración coa organización ecoloxista Adega. Realizarán unha saída dentro do «Proxecto Ríos», para o coñecemento e conservación do noso rico patrimonio fluvial. As prazas para participar son limitadas.

Publicidad

banner parque ferrol