Publicidad

Sentida homenaxe no Val ao exalcalde Antonio Martínez Aneiros

FERROL360 | Domingo 27 novembro 2016 | 13:09

Dentro dos actos do Día de Narón, o municipio quixo render unha sentida homenaxe ao exalcalde naronés, Antonio Martínez Aneiros. Así, este sábado descubríronse as placas que dan o seu nome a unha rúa e a un complexo social que aglutina varias instalacións na zona do Val, a súa parroquia.

O alcalde naronés, José Manuel Blanco, presidiu o acto no que Martínez Aneiros estivo acompañado de representantes da corporación local, exedís, familiares e amigos. Unha homenaxe impulsada pola AVV Os Irmandiños do Val, respaldada pola Fundación Terra de Trasancos e a Sociedade Deportiva O Val e aprobada por unanimidade no pleno municipal.

Tivo na súa intervención Martínez Aneiros palabras de lembranza para os exconcelleiros e concelleiros naroneses, o alcalde, os funcionarios municipais e a súa secretaria na súa etapa política, así como para a súa familia, os impulsores do acto e os asistentes ao mesmo.

«Valoro que esta homenaxe estea promovida polas asociacións da parroquia na que nacín», asegurou e adicou palabras de lembranza para os exconcelleiros e concelleiros naroneses, o alcalde, os funcionarios municipais e a súa secretaria na súa etapa política, así como para a súa familia, os impulsores do acto e os asistentes ao mesmo.

Emocionado, agradeceu expresamente o apoio da súa muller, Marisa, que non o puido acompañar no acto e das súas fillas, Judith, Ruth e Sabela, as tres presentes, «polo cariño que me prestaron cando acertei e cando non foi así».

Pola súa banda, Blanco asegurou que o de hoxe foi «un día moi especial para Narón», abordando unha parte da vida política de Martínez Aneiros, alcalde de Narón entre 1979 e 1985 e deputado no Parlamento Galego do 1985 ao 1989.

Pechou o acto a actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, que interpretou o Himno Galego. A continuación, os asistentes degustaron uns pinchos no local social do Val.