FERROL360 | Jueves 19 junio 2014 | 20:02
A cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida por Sés, recalou este xoves na Casa da Cultura de San Sadurniño co seu proxecto Sés na escola, un concerto dirixido á mocidade no que a música e a palabra mestúranse co fin de chegar aos mozos e mozas da ESO.
Algunhas das pezas do seu repertorio, sobre todo as do disco Co xenio destrozado, servironlle a Sés para dar consellos ao público. Faloulles da importancia de teren unha personalidade propia ou do perigo de deixarse influír polas modas.
Con poesía actual e comprometida e forte identidade galega, Sés amosa as súas crenzas na música que fai e hipnotizou ao público dende os primeiros acordes. Convidándoos á reflexión, na procura do espírito crítico dos máis novos: «Sede vós mesmos», aconsellou.
Sés na escola leva andado moitos centros educativos de toda Galicia. En San Sadurniño encheu a Casa da Cultura grazas á organización das concellarías de Cultura e Educación, dentro do circuíto cultural da Deputación de A Coruña.
