FERROL360 | Viernes 20 de septiembre de 2024 | 8:25
Brincarmos convoca o «Día da criança galegofalante» no primeiro fin de semana de outubro. A
entidade propon reivindicar esta data en memoria do acto en que se empregou por primeira vez a
nosa lingua no actual concello de Ferrol. Foi no domingo, 4 de outubro de 1908.
O ferrolán Rodrigo Sanz e o sadense Lugris Freire, dirixentes de Solidariedade Galega, ao mesmo
tempo que espallaban o sindicalismo agrario, defendían a dignidade do idioma de Galiza. Aquel
día realizaron un comicio ante mais de mil camponeses e camponesas nun souto à beira do río da
Sardiña en Serantes promovendo a unión das clases populares.
Este acto dará lugar à Fundación da Sociedade Agraria “Liberdade e Progresso”, que hoxe ten a súa continuidade na Cooperativa O Val.
A segunda edición do ‘Día da criança galegofalante‘ será celebrada o vindeiro sábado, 5 de outubro,
no Centro Cívico de Canido cunha xornada de convivencia con música, maxia e narración oral
orientada ao público familiar.
Às 12:00 horas comeza o ‘Dia da criança galegofalante’ com sesión vermú a cargo das ferrolás Emma e
Nélida inspirado nos poemas de Rosalia de Castro. A seguir, o grupo folk Encrucillada presenta
algúns temas do seu novo disco «De volta«, unha colección de temas que nos devolven à raíz da
música tradicional máis auténtica cunha sonoridade moi coidada e que culmina dez anos de
traxectoria musical. Gaitas, acordeón, zanfona, percusións tradicionais, saxo, ocarinas e voces fan
un espectáculo bailable e alegre.
Às 14:30h realizarase un xantar popular a base de arroz con carne ou arroz vegano, pan e bebida.
por 12 € e 10€ para socios da Artábria e 5€ para a cativería, menores de dez anos. As inscricións podénse facer en brincarmos@gmail.com ou no teléfono 646 068 586.
Às 16:30h terá lugar o pregón da mestra Sabela Diaz Regueiro, referencia máxima da pedagoxía
Freinet en Galiza e pioneira do Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega. Na freguesía de
Pantin.
Sabela Díaz Regueiro traballou con intensidade vinte anos da súa vida. Chegou a empregar na súa escola as técnicas da pedagoxía Freinet, elaborando e personalizando outras de similar orientación innovadora. Para alén disto, Brincarmos quere recoñecer a súa militancia en favor do rural galego e pola maneira de incorporar a comunidade na escola, comprometéndose tanto no desenvolvemento sociocultural como no tratamento da diversidade na aula.
Às 17:00 horas, O Meigo Simón, gañador do festival O Talentiño, novo talento da maxia, asombrará a
grandes e miúdos co seu espectáculo: «Viaxe no tempo a través da maxia«.
Às 18:00horas, a nova estrela da música do país, Mondra, achégase a Ferrol para compartir «Cantares e
conversas«. Mondra é artista, cantor e danzarín. Crece ligado à música e à danza tradicional, ben
como ao teatro e ao audiovisual. Desde 2021 fai parte, como vocalista e bailarín, da DeMente, a
compañía de danza Fran Sieira, responsable dunha das pezas con maior percurso na historia da
danza galega.
En setembro de 2023, Mondra publica Ardén, o seu primeiro álbum, producido por Berto. O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional. É unha proposta intimista e ao mesmo tempo irreverente. Os primeiros avances do álbum, Saco de pulgas e Beijos de LK, pasan das 50 mil escoitas no Spotify, plataforma onde o artista acumula mais de 17 mil ouvintes mensuais.
Punheta!, en colaboración cas Fillas de Cassandra, pasa as 240.000 visualizacións na plataforma e máis de 40.000 visualizacións no YouTube, sendo un dos temas máis escoitados no verao de 2023 en Galiza.
Às 19:00 horas, é o turno de Iseo a Moura que estará cantando e contando co seu espectáculo «Se as árbores falasem«, un espectáculo de narración oral e música ao vivo para público familiar. Un incendio destrúe a montaña perto da casa de Flora, unha menina apaixoada pola floresta, que un día descobre que
pode conversar coas árbores e aprende con elas como axudar a recuperar a terra queimada. Para
iso será necesario que toda a cidade se xunte a ela.
Brincarmos nace por iniciativa dun grupo de familias da comarca de Trasancos com fillos e
fillas galegofalantes. Elas precisan referentes da súa idade para reforzar o galego e manter a súa
identidade linguística. A entidade promove un espazo seguro para elas e para a lingua. Tecer
comunidade, fazer tribu. Brincarmos fai parte da Fundaçom Artábria e organiza actividades pensadas
para crianzas e adolescentes.
Brincarmos sabe que o direito à lingua só pode realizarse de xeito colectivo. Desexa a oficialización real do idioma e, poder estendelo a todos os ámbitos da vida. Nun contexto de minorización como o actual, non chega con ser a lingua materna das crianzas. Para que o galego poda florecer, é preciso transformalo en lingua fraterna, de socialización, de xogo e aprendizaxe.
Debate sobre el post