Publicidad

Supresións unha vez máis pola nefasta xestión de material de Renfe en Galicia

Plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo | Venres 31 maio 2024 | 7:30

Unha vez máis vimos de ver como Renfe «desplazou» unidades en pleno funcionamento en Galicia, cara outras comunidades. As usuarias puidemos ver como, pouco a pouco, foron levando varias unidades cara Asturias e Cantabria, enviando a última, paradóxicamente, uns días despois do Foro Experiencia Cliente realizado en Ferrol por Renfe, para, presuntamente; coñecer a opinión das persoas usuarias.

Das oito unidades que están asignadas por Renfe a Galicia, coas que se manteñen os servizos con normalidade (revisións, etc…) déixannos con tan só con 4 unidades; por este motivo veñen producíndose diversas supresións en todo o Ferrol-Ribadeo, co problema que supón o transporte alternativo.

Unha vez máis, Renfe aplica a política de «espir un santo para tapar outro». Dase a situación que Renfe «lévase» unidades en funcionamento de Galicia, cara outras comunidades como Asturias ou Cantabria, que contan con talleres con moitos máis medios que Ferrol, pero ca situación de que se acumulan unidades sin reparar durante meses e anos.

Insistimos unha vez máis, que cando as unidades están estables en Ferrol, as averías redúcense
paulatinamente. Por iso, propoñemos unha vez máis que exista un parque de unidades fixo adscrito a Ferrol; sin estes continuos desplazamentos de material que so provocan extender os problemas existentes en outras comunidades autónomas.

Tamén segue a ser manifesta a falta de interventores nos servizos, propiciando que moitos usuarios non lles resulte imposible facer efectivo o pago do billete ou realizar consultas dos servizos. Por outro lado, esta situación provoca que as unidades teñan que facer todas as posibles paradas no percorrido rexional (Ortigueira-Ribadeo), existan usuarios ou non, evitando recuperar posibles atrasos coas paradas innecesarias, e evitando manobras que conlevan maior gasto de combustible e esforzo nas unidades. Sabemos que ese persoal de intervención se desvía reiteradamente a outras liñas operadas por Renfe.

Todo esto sucede nuns momentos nos que se prevé proximamente unha alta ocupación e demanda, sobre todo na Mariña,motivado pola actividade turística, acceso a praias, excursións e diversas festas. Temos constancia que en diversas ocasións realizaronse viaxes ao límite de capacidade de ocupación das unidades (xa ten sucedido en veráns anteriores), pero en lugar de programar a duplicación de unidades nos servizos, para acoller a demanda, a resposta de Renfe e deixar ao Ferrol- Ribadeo sin as unidades necesarias, nin sequera para un funcionamento mínimo.

Dito isto, entendemos que a Xerencia de Servizo Público de Renfe en Galicia, debe defender os servizos prestados aquí, e non plegarse a intereses que pouco teñen que ver coa prestación do servizo en Galicia. E como sempre, coa complacencia do goberno do Estado e a indeferencia da Xunta, que só se acorda de nós nunha nota de prensa anual.

Quen pagamos estas decisións somos nós!