FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 19:19
Setecentas persoas acudiron na noite deste venres ao acto de presentación da candidatura de Terra Galega en Narón para as eleccións municipais. O candidato a revalidar a alcaldía, Xosé Manuel Blanco, afirmou que «ninguén dubida actualmente que Narón é un Concello de referencia en Galicia» e incidiu nos apoios ao desenvolvemento industrial e á creación de servizos de calidade, para converter a Narón na oitava cidade de Galicia, con máis de corenta mil habitantes.
Blanco presentou ao seu equipo composto por: Marián Ferreiro, Manuel Antonio Ramos, Natalia Hermida e Pablo Mauriz, nos primeiros postos. A continuación están: Guillermo Sánchez Fojo, Mar Gómez, Román Romero, Mercedes Taibo e Ibán Santalla, ocupando este último o posto número dez da candidatura.
A lista de Terra Galega complétana: Carmen Espada, Beatriz Couce, Bruno González, Roberto Naveiras, Belén Rodríguez, José Carlos López, Carolina Velo, Sesé Beceiro, Dani Rico, Marta Díaz, Ángel Perfecto Castro, José Manuel Gómez, Marta Otero e Honorio Martínez..
Presentación da candidatura do PP de Fene
Gumersindo Galego tamén presentou a súa candidatura á alcaldía de Fene este venres. O popular contou co apoio do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario provincial, Diego Calvo. Galego presentouse co aval de ter sacado ao concello dunha «situación crítica».
Calvo presentou ao «mejor alcalde que puede tener Fene» e como «el regidor que ha completado dos mandatos en uno», en referencia á resolución de obras. O candidato indicou que pese aos «palos en las ruedas» que puxo a oposición, Fene é na actualidade o sexto concello de Galicia que máis inviste en servizos sociais.
Candidatura do PSOE de Pontedeume
O candidato socialista Bernando Fernández presentou a súa candidatura como unha «alternativa real de cambio que porá fin aos oito anos de parálise do goberno municipal de Torrente». Tamén anunciou que realizará «unha campaña de compromisos firmes, de actuacións políticas concretas e realizables, das que poidamos render contas ante a veciñanza».
Fernández compromete un goberno cercano, «que volva a ilusionar a toda a sociedade eumesa», fronte a un PP «ineficaz, distante e prepotente» que xerou «unha división sen precedentes entre a veciñanza de Pontedeume».
Debate sobre el post