FERROL360 | Venres 4 marzo 2016 | 16:40
Unha das historias máis divertidas do cine infantil chega a Narón en forma de musical. Trátase película de animación de Disney Pixar Toy Story, que a compañía Barabu Producciones representará este domingo no Pazo da Cultura, ás 18:00 horas.
Este muscial é unha adaptación do filme, xa que a trama desenvólvese cando o protagonista do espectáculo, Andy, regresa á súa casa tras rematar os seus estudos universitarios e abre unhas caixas que el mesmo embalara anos atrás cheas de xoguetes.
Recorda os momentos vividos e, nunha aposta pola solidaridade decide doalos aos nenos máis desfavorecidos. A concienciación cidadá sobre as desigualdades no mundo é un dos obxectivos deste musical, no que se incide no feito de que os xoguetes nunca morren e poden facer felices a moitos rapaces e rapazas.
As entradas xa están á venta e poden adquirirse ao prezo de 12 euros de forma anticipada ou o propio día da actuación, a 15 euros.