FERROL360 | Venres 11 setembro 2015 | 17:13
Este sábado será a última xornada do programa de visitas guiadas ao Mosteiro do Couto impulsado polo Concello de Narón. O último percorrido proxectado polo cenobio de San Martiño de Xuvia será de 11.00 a 13.00 horas.
Unha guía explicará aos asistentes a historia desta construción relixiosa. A duración do percorrido é de aproximadamente dúas horas.