FERROL360 | Mércores 24 xaneiro 2018 | 10:41
Este venres rematará o prazo de inscrición para participar na primeira das andainas programadas polo Concello de Cabanas para este ano. A cita será este sábado 27 de xaneiro, ás 10.00 horas, con saída da casa consistorial, paso polo Marco do Salto e regreso ás dependencias municipais.
Trátase dunha ruta de algo máis de nove quilómetros e unha duración estimada de case tres horas. Para participar é preciso inscribirse previamente na Concellería de Deportes, na pranta baixa da consistorial, no correo electrónico: cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3.
O percorrido circular ofrece algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira de Cabanas. A ruta descubre xoias arquitectónicas como a igrexa parroquial de San Andrés, do século XVIII, ou a Casa Palacio, ou monumentos megalíticos como o Marco do Salto. As persoas que participen deberán levar calzado cómodo e con boa suxeición.
O goberno local retoma así o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural do municipio a veciños e visitantes. As camiñatas terán lugar os últimos sábados de cada mes.
Debate sobre el post