Publicidad

Últimos días para inscribirse no obradoiro musical de verán ‘Sementeira’ de Narón

ARY LÓPEZ | Mércores 2 xullo 2014 | 17:30

A Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón organiza a cuarta edición do obradoiro musical de verán para nenos e nenas de entre 5 e 14 anos.

Actividades como a construción de instrumentos e decorados, o ensino e a práctica vocal, a expresión corporal ou o contacto coa linguaxe musical son algunhas das tarefas que, da man dun grupo de músicos educadores, manterán ocupados a aqueles que asistan a estas xornadas.

Os propios monitores sinalan que a finalidade deste obradoiro é ofrecer una actividade lúdico-educativa na que os máis pequenos se acheguen á música de maneira activa e dar a coñecer o labor que desenvolve a asociación ao longo de todo o curso. Desexan que os nenos e nenas participantes gocen desta iniciativa, coñezan novos amigos e valoren o traballo que conleva facer realidade un concerto. No de este ano soarán as pegadizas melodías do clásico musical Sonrisas y lágrimas e como novidade, ademais, terán a ocasión de escoitar a música en directo da Xove Banda de Narón.

As xornadas terán lugar no auditorio municipal da praza de Galicia dende o 7 ao 18 de xullo, de luns a venres entre as 10:00 e as 13:30 horas. Os prezos oscilan entre os 45 e os 65 euros, para socios ou non socios, respectivamente.

Máis información sobre o curso, aquí.

O obradoiro musical de verán ‘Sementeira’ de Narón desenvolverase entre os días 7 e 18 de xullo
O obradoiro musical de verán ‘Sementeira’ de Narón desenvolverase entre os días 7 e 18 de xullo