FERROL360 | Domingo 27 xullo 2014 | 20:10
A XXVI Festa do Pan de Neda busca artistas que elaboren o cartaz que anunciará o evento ao longo e ancho da comarca. Se estás interesado en participar no concurso tes ata o 31 de xullo para presentar a túa proposta no Concello de Neda, en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas.
O cartel poderá realizarse en calquer técnica, sempre e cando sexa posible a súa reproducción en soporte papel. Deberá incluír necesariamente a lenda «XXVI Festa do Pan de Neda – 7 de setembro de 2014».
O xurado encargado de elixiar o cartaz gañador estará formado polo alcalde de Neda, a concelleira de Turismo, representantes dos grupos políticos que integran a corporación municipal, un membro do sector panadeiro e un artista de recoñecido prestixio, xunto co secretario municipal.
Así, a edil de área, Montse Rico, animou á cidadanía a participar nesta cita. E é que a proposta gañadora promocionará a XXVI edición desta celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013, e recibirá un premio en metálico de 200 euros. As bases do concurso poden consultarse no taboleiro de edictos do consistorio e na páxina web municipal.