FERROL360 | Mércores 24 setembro 2014 | 11:10
O Concello de Ortigueira contratará un técnico para promoción do cooperativismo como persoal laboral temporal ata o 30-06-2015. O prazo para presentar as instancias, acompañadas da documentación pertinente, remata o 25 de setembro e deben entregarse no rexistro do Concello de Ortigueira. Pódense consultar as bases aquí.
Requírese licenciatura ou grao medio en economía, administración e dirección de empresas, dereito ou graos mixtos que as inclúan; diplomatura ou grao en ciencias empresariais ou relacións laborais, máster en xestión e dirección empresarial cooperativa. Ademais, o seleccionado deberá realizar un curso formativo específico.
Tamén é imprescindible ter carné de conducir e dispoñer de vehículo propio porque o traballador estará dous días á semana en Ortigueira, outros dous en Cariño e a última xornada laborable acudirá unha semana a Cerdido e a seguinte a Mañón.