FOTOGRAFíA ROCÍO BRAGE | Miércoles 1 de mayo 2024 | 8:42
Rocío Brage é Técnica Superior en Fotografía artística e licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, durante dez anos impartiu os talleres de fotografía da UDC no Campus de Ferrol, simultaneamente, está a traballar como fotógrafa autónoma realizando encargos fotográficos e reportaxes.
Ao longo destes anos desenvolveu diferentes proxectos fotográficos personais e colectivos, que puideron verse en diferentes lugares de Ferrol: Centro Cultural Torrente Ballester e na Galería Sargadelos. Aínda que tamén expuxo fóra, na escola Efti de Madrid, entre outros.
Nesta pequena serie que presentamos hoxe, a protagonista no Día do Traballador é unha muller do mar, Rocío Carreras López, mariscadora e Presidenta da Agrupación de Mariscadoras da Cofradía de Barallobre.
Unhas imaxes que son unha homenaxe a todas as persoas que co seu traballo sosteñen o mundo no que habitamos.
Debate sobre el post