FERROL360 | Luns 4 maio 2015 | 19:11
Este domingo Narón acolle a I Ruta de BTT ‘Cidade de Narón’, que discorrerá por lugares emblemáticos do municipio, completando un percorrido de 45 quilómetros. Un total de 200 ciclistas participarán nesta cita que arrancará ás 9:00 horas e se prolongará ata as 14:00 horas. A saída e a chegada será no Pavillón de A Gándara.
Esta ruta cicloturista, de nivel medio, está organizada polos clubes MTB Escornabois e Ciclista Benigym Sport, a asociación Deportiva «Vara e Pedal», o Concello de Narón e o Padroado de Deportes de Narón. Asimesmo, conta co patrocinio das empresas BMK Narón e Bikeworks Narón. A recadación deste evento será destinada á Asociación Alba Pérez de lucha contra o cancro infantil.
Os participantes pedalearán por lugares tan emblemáticos coma o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso. Ó finalizar a ruta de BTT, os ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara (vestiarios e duchas para o seu aseo persoal, e mangueiras limpar para as bicis).
Está prevista a colaboración de 50 voluntarios no operativo, xunto con persoal de Protección Civil e da Policía Local de Narón. A entrega de dorsais se realizará o sábado no CC Odeón, a partires das 10:00 horas.
Debate sobre el post