Publicidad

Un total de 25 locais de hostalería de Narón participan no Concurso de Tapas Entroido 2015

FERROL360 | Venres 6 febreiro 2015 | 18:37

O vindeiro xoves 25 establecementos de hostalería de Narón acenderán os fogóns e cociñarán as mellores tapas típicas do Entroido cun único obxectivo: facerse co primeiro premio do Concurso de Tapas Entroido 2015 que organiza o Concello de Narón.

Esta actividade enmárcase no Programa Narón Gastronómico, posto en marcha pola concellería de Promoción Económica para dinamizar o sector hostaleiro do municipio. O certamen celebrarase do 12 ao 18 de febreiro e preséntanse 30 creacións culinarias doces e salgadas típicas desta festa.

As personas que acudan a degustar as tapas serán tamén as encargadas de valorar cal é a mellor. Así, o establecemento que se faga co Premio Votación Popular gañará 200 euros e un diploma acreditativo. Mentres, o local que logre o 1º Premio do Xurado recibirá 500 euros e unha placa; o 2º Premio do Xurado serán 300 euros e placa e o 3º Premio, 150 euros e placa.

Asimesmo, sortearanse cinco ceas para dúas persoas entre o público que participe nas votacións do concurso. A organización porase en contacto telefónico cos premiados para facerlles chegar o seu agasallo.

Aquí tedes o listado de establecementos participantes e as tapas que cociñarán para o concurso:

Zona Urbana: Cervecería Australian (Es-Cocido); Cervecería Indalo (Roliño de Grelos de Entroido); Cervecería O Druida (Caldo na cunca de pan acompañado con chupito de falso cocido); Tallaríns de fociño de porco); Cervecería Urban (Cocido de Entroido); Os Arquiños (Croquetas de Entroido); Sidrería O Bosque (Croqueta de Entroido); Cervecería La Salmantina (Careta afumada).

Mesón CyC1406 (Carrilleiras en redución de viño branco con pataca fritida); La Salita (A Tapa da miña casa); Bar Vituco (Cocido de Grelos); Café-Bar a Cachimba (Torrada con bacallau, pasas e piñóns; Orellas bomba recheas de pudin de mazá, canela e limón); Cervecería 1906 (Montadiño de Entroido); Restaurante El Refugio (Aleghre-nós); A Tapería (Empanada de cocido).

Gastrobar Piñeiros (Empanada de lacón con grelos; filloas de anís); Mesón O Pío (Chula rechea de garavanzos e grelos con montadiño de Cacheira celta e costra de millo; Orella de chocolate e vainilla sobre natilla lixeira de anís estrelado e Bombón); Vagón Bar (Da Corte e da horta); Restaurante Fortunato (Lacón con verduras); Cafetería Chus (Entroido do Chus); Romero II (Cocido Ibérico).

Zona rural: Mesón O Forno (Orella); Café Bar Marinito (Cocido Marinito); Xatova (Montadiño de cocido, Xatova de Entroido); Café Bar O Cuco (Costela ao caldeiro); Restaurante A Trasanquesa (O Greliño).

Máis actividades

A programación do Entroido 2015 de Narón complétase co desfile de comparsas, que sairán á rúa o xoves 12 de febreiro, e o sábado 14, despois do Festival de Comparsas que terá lugar no Pazo de Cultura ás 18:00 horas.
O sábado 14 celebrarase a xa tradicional Festa de Cocido da Gándara que este ano acada a undécima edición e que tamén contará coa animación das comparsas a partires das 13:30 horas.

Por último, e si as condicións climatolóxicas o permiten, o domingo 15 de febreiro celebrarase o Tapeo de Entroido en bici, un percorrido de disfraces en bicicleta no que poden participar todos os interesados e que partirá ás 11:00 horas da praza da Gándara para chegar ao mesmo punto xa ás 14:00 horas.

san valentín en dolce vita odeon