Publicidad

Unhas catrocentas artesás déronse cita este sábado en Fene Encontro de Palilleiras

FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 16:50

Fene convertiuse este sábado na capital do encaixe coa celebración do Encontro de Palilleiras, que tivo lugar no paseo marítimo de San Valentín. Nesta cita participaron unhas catrocentas artesás que, durante toda a xornada, amosaron a súa depurada técnica e traballo.

Na xornada tamén houbo un espazo destacado para a solidariedade, xa que a recadación íntegra da venda de rifas irá destinada a Xoel, un fenés que padece parálise cerebral. O Encontro de Palilleiras arrancaba ás 10:30 horas coa recepción ás participantes por parte do alcalde, Gumersindo Galego, encargado tamén de entregar os diplomas ás profesoras das entidades e asociacións de palilleiras.

Un recordo do seu paso polo municipio. Así mesmo, e pouco antes de rematar, procedíase á celebración do sorteo das rifas e á entrega dos agasallos.

Banner Odeon