FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 13:04
O Concello de Valdoviño convoca o proceso de selección para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias na tempada de verán. A duración do contrato, que será a media xornada, será por espazo de tres meses.
As persoas interesadas en optar ao proceso poderán presentar a súa instancia no rexistro municipal do Concello ou por vía telemática a partir de este martes 18 de maio. O prazo para inscribirse é de cinco días hábiles.
As contratacións realizaranse ao abeiro da liña de subvencións que impulsa a Deputación provincial da Coruña e estarán condicionadas á concesión definitiva da axuda solicitada polo Concello de Valdoviño.