FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 12:24
Exhibición de cetrería, actuacións de títeres e música de rúa, atraccións para os máis pequenos, demostracións de traballos de bolillos, gastronomía e variados postos de artesanía, son algunas das propostas que nos ofrece a IV Feira Medieval de Valdoviño.
O alcalde da localidade, Alberto González, lerá o pregón este sábado ás 12:30 horas para dar o pistoletazo de saída a unha cita que sempre é sinónimo de éxito. A Feira Medieval abre ata ás 14:30 horas e ás 17:00 volverá a poñerse en marcha ata ás 22:00 horas. Xa o domingo permanecerá aberta en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Así, ás 13:00 horas haberá unha exubición de cetrería que se repetirá ás 20:00 horas. Os amantes das aves poderán contemplar exemplares de falcóns, águias e buhos. Estas exhibicións repatiranse co mesmo horario o domingo.
