FERROL360 | Domingo 19 agosto 2018 | 12:44
O Concello de Valdoviño promove neste mes de agosto a II Andada Surfeira. Unha iniciativa de balde que discurrirá pola estrada da Costa e terá como destino final a praia de Pantín. Celebrarase o domingo 26 de agosto e partirá ás 10.00 horas da praia pequena da Frouxeira para cubrir un itinerario de dificultade baixa.
Para asistir é preciso inscribirse previamente. O Concello abrirá o prazo o próximo luns, 20 de agosto, e concluirá o venres 24 ás 14.00 horas. As personas interesadas deben anotarse a través do correo electrónico cultura@concellodevaldovino.com. Haberá que facer constar o nome e apelidos, concello de procedencia e número de teléfono de contacto.
Así mesmo, tamén se pode formalizala de xeito presencial, na Casa da Cultura, ou telefónica, no 981 48 76 66. Neste caso, o martes 21, mércores 22 e xoves 23 de 10.00 a 14.00 horas.
Dende o Concello sinálase que se dará por finalizada a actividade no punto de chegada, tendo cada participante que organizar pola súa conta o regreso. Así mesmo, poderán tomar parte menores de idade debidamente inscritos, aínda que terán que acudir cun adulto que se responsabilice do mesmo.
O material recomendable para esta camiñada é o habitual para este tipo de actividades, aconsellando levar roupa deportiva cómoda e protección para o sol.
Debate sobre el post