Publicidad

Verdegaia promove unha brigada deseucaliptizadora en Ferrol

FERROL360 | Martes 14 xaneiro 2020 | 17:05

A entidade de voluntariado medioambiental Verdegaia promove unha brigada deseucaliptizadora en Ferrol o vindeiro sábado 18 de xaneiro na Asociación Veciñal de Valón.

Esta acción de restauración terá lugar a partir das 09:00 horas. Consiste na prantación de árbore autóctona como castiñeiros, bidueiros e carballos nunha parcela privada dunha hectárea.

O prazo para anotarse a esta iniciativa remata o vindeiro xoves 16 de xaneiro.

Para poder inscribirse como brigadista e participar como voluntario nas diferentes accións de Verdegaia é imprescindible rexistrarse na web e cubrir o seguinte formulario.

Unha vez inscrito a persoa voluntaria debe comunicar ao coordinador da actuación o seu interese de participar, neste caso en Ferrol, mediante un correo a seguinte dirección, feryanezmarcelin@gmail.com.

O obxectivo das brigadas e promover accións de voluntariado ambiental é intervir en terreos de propietarios que optan por un proxecto de uso do monte diferente do monocultivo de especies de crecemento rápido como o eucalipto.

A iniciativa do próximo sábado dará comezo ás 09:00 horas e rematará cun xantar a partir das 14:00 horas para todas os voluntarios e voluntarias.

A comida é de balde xa que convida a organización.