FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 15:07
Afundación celebrará este mércores o Día Internacional dos Museos promovendo visitas guiadas de balde nas mostras que ten abertas nos seus diferentes recintos expositivos. Desenvolve esta iniciativa baixo o lema «Museos e paisaxes culturais», tendo lugar esas visitas ás 19:30 horas en todas as sedes.
No caso de Ferrol, o inmoble do antigo Goberno Militar na praza da Constitución mantén a disposición dos visitantes a mostra «Heroes animados». Aborda o proceso de deseño e creación de personaxes nas obras de animación, partindo do traballo do coñecido Grangel Studio, reflectido en filmes como «O príncipe de Exipto», «Spirit» ou «A noiva cadáver».