Publicidad

Xa están á venda as entradas para o XXVIII Festival Internacional de Folclore de Narón

FERROL360 | Xoves 12 xullo 2018 | 10:41

O Pazo da Cultura de Narón é o escenario escollido polo Padroado da Cultura para celebrar unha nova edición do Festival Internacional de Folclore o vindeiro 21 de xullo. As entradas para a XXVIII edición do Festival Internacional de Folclore xa se poden adquirir na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de dous euros.

A primeira xornada do festival comezará o sábado 21 de xullo ás 21:00 horas. Na gala tocarán grupos locais como a Banda de Gaitas e o grupo de música e danza tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón e nacionais como o grupo de danzas Maxisterio, de Albacete.

Países como Rusia, Colombia e Senegal tamén terán representación cos grupos Ecos da Montaña, de Daguestán, CreaDanza e Bakalama, respectivamente.

Ademais dos eventos que terán lugar no Pazo da Cultura, os veciños poderán disfrutar de representacións programadas na zona urbana.