FERROL360 | Martes 10 xullo 2018 | 15:31
O Concello de Narón en colaboración coa AVV Altea de Xuvia organizarán a vixésima edición da Alteada que se celebrará o vindeiro 22 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. As entradas xa están á venda e prazo para mercalas remata o 19 de xullo.
O menú estará composto de produtos da ría como ameixa rubia á mariñeira, paella, sobremesa e bebidas a prezos populares. Ademais, este ano se conmemora a segunda edición da Festa de exaltación da ameixa
rubia.
Tamén haberá haberá música en vivo nun evento no que colaboran distintas asociacións como o Club Narón Gastronómico e Confraría de Pescadores de Barallobre, que subministrará a ameixa rubia para a Alteada 2018.
As personas interesadas en acudir a esta cita gastronómica xa poden recoller os tickets no local social da citada AVV, de luns a venres, en horario de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.