Publicidad

Xa están á venta os tickets para asistir á Alteada de Xuvia deste domingo

FERROL360 | Martes 5 xullo 2016 | 9:39

As persoas interesadas a asistir á XIII edición da Alteada 2016 de Xuvia poden adquirir os seus tickets da comida ata este xoves no local social da AVV Altea, localizado no baixo do número 43 da rúa do Foro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Os comensais poderán degustar este domingo, a partir das 14:00 horas, un menú a base de mexilóns, churrasco, sobremesa, café e chupito por un prezo de 15 euros por persoa. A comida desenvolverase baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Xuvia.

O apartado musical desta convocatoria correrá a cargo do cantante Jorge Latino, que amenizará a sesión durante boa parte da tarde. Esta cita festiva da parroquia reúne cada ano a máis de duascentas persoas na zona do paseo marítimo de Xuvia.

O Concello de Narón colabora coa entidade veciñal na organización deste evento.