Publicidad

Xente de Neda, unha ollada achegada aos veciños

Un traballo en proceso de Rocío Brage

FERROL360 | Viernes 24 de mayo 2024 | 7:53

Xente de Neda é un traballo de Rocío Brage, que aínda non está rematado. Irá compartindo con nós, este proceso de retratar aos seus veciños e veciñas de Neda. Poderermos ir contemplando como vai evolucionando a súa ollada ao lugar a través das súas xentes.

Para quen non coñece a Rocío Brage os deixamos unha liñas sobre ela. Amante da nosa cultura, é licenciada en filoloxía galego-portuguesa, Técnica Superior en Fotografía artística. Durante dez anos foi profesora no Campus de Ferrol na actividade de Fotografía.

Hoxe é autónoma e sigue traballando cunha ollada persoal, contando historias a través das súas imaxes. Ademais, é unha amante das boas historias, de viaxar na súa furgoneta, e tamén das boas lecturas, e das lecturas compartidas!

Aquí deixamos algunhas imaxes de Xente de Neda, esperamos que vos gusten tanto coma a nós.