FERROL360 | Martes 7 xullo 2015 | 18:30
Unha representación da Confederación de empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, COFER, encabezada polo seu presidente Cristóbal Dobarro reuniuse este martes en Santiago de Compostela coa directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, para manter unha xuntanza de traballo.
Díaz e Dobarro trataron a a posible posta en marcha dun estudo sobre a formación dual nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ademais, o presidente dos empresarios da zona interesouse polas diversas liñas de promoción do emprego e da formación que ten en marcha a Consellería de Traballo e Benestar.