Publicidad

Xunt@s por As Pontes critica o aumento de adicacións no Concello e a existencia dun asesor

FERROL360 | Luns 29 xuño 2015 | 12:28

Xunt@s por As Pontes considera «excesivas» as adicacións exclusivas e parciais que plantexa o goberno local e rexeitan «frontalmente» a existencia dun asesor. Nun comunicado, o grupo explica que o PSOE quere aumentar as súas adicacións exclusivas, pasando de tres a cinco, e incluír dúas adicacións parciais. Tamén se propuxo á oposición contar cunha adicación parcial para cada grupo.

No caso de Xunt@s por As Pontes, a asemblea decidiu rexeitar esa adicación parcial para un dos seus concelleiros por «considerar prioritarias outras cuestións antes que recibir un soldo» de 14.000 euros anuais. Desde o grupo consideran máis importante contar cun espazo físico dentro do Concello para poder desenvolver a súa labor ou que se lle facilite o acceso á información.

A voceira de Xunt@s por As Pontes, Jéssica Fernández, afirma que «solicitamos que se nos concedan cousas que non custan cartos», como o local no Concello, e incide en que «mentres non haxa disposición a facilitarnos isto non vemos sentido a aceptar unha adicación para alguén que non vai ter nin un lugar no que sentar no concello».

Publicidad

Banner Error Ferrol